Máis de 200 participantes daranse cita este sábado no III Torneo de xadrez Dani da Rocha Prol

Imprimir
Mireya-Supcampioa

A terceira edición do torneo de xadrez Dani da Rocha Prol, organizado polo club Laroca en colaboración co Concello de Nigrán, congregará o vindeiro sábado a máis de 200 nenos e nenas de toda Galicia. A proba, incluída no Circuíto Galego de Promoción do Xadrez, arrincará ás 11.00 horas, e disputarase ao longo de toda a xornada, finalizando ás 19.30 horas coa entrega de premios.

O torneo xógase en cinco categorías -sub-8, sub-10, sub-12, sub-14 e sub-20-, e entre os participantes haberá moitos campións galegos e máis dun campión de España, entre eles Mireya Represa Pérez, alumna de 13 anos de idade do club Laroca.
A organización entregará un obsequio de recordo a todos os participantes, así como un trofeo especial para os cinco mellores de cada categoría e para o mellor da zona do Val Miñor. Ademais, todos os participantes entrarán no sorteo dun agasallo sorpresa, cuxo gañador se coñecerá ao finalizar a xornada.