Xoves, 29 Feb. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Nigrán abre o prazo de inscrición para a IV edición da Travesía a nado Costa Serena

Nigrán abre o prazo de inscrición para a IV edición da Travesía a nado Costa Serena

Correo-e Imprimir PDF
travesialargoINT
travesiacortoINT
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

- A competición, que se celebrará o 13 de xullo en Praia América, constará de dous percorridos de 4.000 e 800 metros, ambos cronometrados.
- Esta proba pretende consolidarse como unha das citas máis importantes do calendario de natación en augas abertas de Galicia, cunha previsión de participación de máis de 200 nadadores.

Nigrán abre o prazo de inscrición para a IV edición da Travesía a nado Costa Serena, que se celebrará o 13 de xullo en Praia América. Esta proba, organizada polo club deportivo Tumetapersonal, en colaboración co Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra, pretende consolidarse como unha das travesías por excelencia de Galicia, cunha participación prevista de máis de 200 nadadores.
A competición consta de dous percorridos, que serán cronometrados por Championchip. O percorrido longo, no que se prevé unha gran participación, consistirá nun triángulo de 4 quilómetros con saída e chegada nas inmediacións do posto da Cruz Vermella de Praia América. Os nadadores deberán bordear o faro, situado a 1,5 quilómetros de distancia, regresar cara á costa polo lado sur da praia e percorrer o último quilómetro en paralelo ao areal.
A proba curta, cun percorrido de 800 metros, disputarase en paralelo á costa, o que abrirá a participación a numerosos bañistas, curiosos e afeccionados á práctica deste deporte. A saída estará situada na canle principal de entrada e saída das embarcacións e a chegada será no mesmo punto que a proba longa.
A competición de 4.000 metros comezará ás 11.30 horas, mentres que a de 800 metros arrincará ás 11.45 horas. No mar, colocaranse boias de sinalización do percorrido para facilitar a orientación dos nadadores, así como embarcacións de Protección Civil e kaiaks seguindo a proba.
Inscricións
A zona de concentración dos nadadores será na Praia Club Nigrán, xunto ás instalacións deportivas Dunas Gaifar, a partir das 10.00 horas. As persoas interesadas en participar na travesía poderán realizar as inscricións a través da páxina web www.travesiaanadocostaserena.es ou ben directamente no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo . No e-mail, deberán indicar o nome e apelidos, DNI, data de nacemento, teléfono de contacto, percorrido escollido e talla da camiseta (S, M, L, XL). A data límite para inscribirse finaliza o 7 de xullo.
O prezo da inscrición é de 10 euros e inclúe a participación na travesía, camiseta conmemorativa e gorro, cronometraxe electrónica, servizo de avituallamiento, asistencia médica, trofeo ao tres primeiros clasificados de cada categoría das dúas probas, un aperitivo na Praia Club Nigrán e sorteo de material deportivo, plans personalizados de nutrición, etc.
O pago da inscrición farase mediante transferencia ou ingreso na conta bancaria do Club Tumetapersonal, en Novacaixagalicia, coa seguinte numeración E44 2080 0521 4930 4001 2811. No ingreso, deberá constar o nome e apelidos do participante e o concepto Travesía a nado Costa Serena 2014.