Venres, 23 Feb. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Últimos días para inscribirse no VI Torneo Escolar Benéfico de Tenis - Concello de Gondomar

Últimos días para inscribirse no VI Torneo Escolar Benéfico de Tenis - Concello de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
torneo-benefico-gondomar(2)

Último día para inscribirse no VI Torneo Escolar Benéfico de Tenis - Concello de Gondomar
O Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Deportes, e en colaboración co Club de Tenis Gondomar, organiza o VI Torneo Escolar Benéfico de Tenis. A competición terá lugar o próximo domingo día 7, nas pistas exteriores do IES Auga da Laxe e no Pavillón Municipal de Deportes. Dará comezo ás 09.30 horas e finalizará en torno ás 14.00/ 14.30 horas.

Abrangue as categorías pre-benxamín, benxamín, cría, infantil e cadete. Todas as categorías son mixtas.
Ás 10.00 horas en punto darán comezo os partidos, todo aquel que non se encontre no recinto non poderá participar. A media mañá, todos os participantes poderán gozar dunha merenda que recargará as súas enerxías para seguir coa competición.
Poñerá punto e final á xornada, a entrega de trofeos aos gañadores; e para que ninguén se vaia coas mans baleiras haberá regalos para todos os participantes e sorteo de material.
Mañá finaliza a inscrición. Os participantes deberán achegar, os socios un quilo de alimentos non perecedoiros; e os non socios, dous quilos.
Máis información en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo e no 680 124 239.