Mércores, 13 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Final amargo para o piloto gondomareño logo do accidente sufrido no tramo de As Neves

Final amargo para o piloto gondomareño logo do accidente sufrido no tramo de As Neves

Correo-e Imprimir PDF
Accidente de Meira no tramo de As Neves - via @coruxarally

Alberto Meira tivo que por fin ao Rías Baixas liderando a primeira posición e con todo o vento a favor para gañar a 50 edición do Rías Baixas.

O piloto de Vincios saíuse da vía no tramo de As Neves e tivo que ser atendido de urxencia. O tramo quedou suspendido a causa do accidente.

O parte médico de última hora sobre o estado de Meira e Álvaro Bañobre (copiloto) é de constución torácica sen fractura e contusión cervical e lumbar respectivamente.

Meira ainda segue en observación mentras que Bañobre xa foi dado de alta.

 

 

 

 

O nome de Sergio Vallejo quedou escrito na historia do Rallye Rías Baixas en letras de ouro, como gañador da 50º edición desta mítica proba. O piloto lucense repite triunfo, por segundo ano consecutivo, tras conseguir o mellor tempo en catro do nove tramos que se disputaron (TC3 Chenlo-Morgadáns, TC5 e TC 9 Fornelos, TC 8 Ponteareas). Miguel Fuster (que se impuxo no TC 10) ocupou o segundo caixón do podium a 51.4 do líder e Joan Vinyes foi terceiro a case tres minutos e medio.

A segunda etapa do rallye comezou como terminou a primeira. O man a man entre Meira e Vallejo no primeiro bucle foi espectacular. O Porsche do equipo lucense cumpriu coas expectativas previstas e foi máis rápido en Fornelos que o Mitsubishi do de Vincios. Vallejo logrou arrebatarlle nese tramo o primeiro posto a Meira pero o piloto local conseguiu recuperar a posición xa no seguinte, na primeira pasada por Ponteareas.

Con todo a mala sorte cebouse con Meira no terceiro tramo da mañá. O seu Mitsubishi Evo X saíuse da estrada nas Neves, cando lideraba a carreira con 11.1 segundos de vantaxe sobre Vallejo, e non puido continuar o rallye. O accidente sufrido por Alberto Meira e Alvaro Bañobre, moi aparatoso pero afortunadamente sen consecuencias graves, obrigou a suspender a disputa desa cronometrada.

Sen Meira en carreira, Sergio Vallejo empolicouse todo o máis alto da clasificación xeral anotándose o mellor tempo na segunda pasada por Ponteareas (TC 8) e logrou conservar o posto sen problemas até o final. E é que, as diferenzas tras ese tramo con respecto a Miguel Fuster eran xa de 46 segundos.

Ata que Alberto Meira sufriu o accidente, a pelexa do piloto alacantino era con Surhayen Pernía, por ocupar o terceiro caixón do podium. Pero o cántabro tamén se viu obrigado ao abandono por unha saída de estrada no TC8 así que Miguel Fuster tivo o camiño libre para situarse detrás de Vallejo. Deses abandonos tamén se beneficiou Joan Vinyes que logrou levantarse ao terceiro posto da xeral final do Rallye.

A cuarta posición final ocupouna Gorka Antxústegui; a quinta Joan Carchat , Francisco Cima foi sexto; Esteban Vallín sétimo; Javier Ramos oitavo; noveno David González e pechou o top ten Jose Antonio Alonso.

Dos pilotos de arriba, ademais de Alberto Meira e Surhayen Pernía tampouco puideron acabar o Rallye Rías Baixas nin Jose Antonio Suárez (por unha avaría no TC 5) nin Pedro Burgo, que abandonou a carreira despois do TC8 Ponteareas, por problemas coa barra estabilizadora da súa Porsche GT3.

En canto ás Copas, Joan Carchat adxudicouse a vitoria na Mitsubishi Evo Cup tras beneficiarse do abandono de Pernía que liderara esa clasificación até entón. Segundo foi Marco Lorenzo e terceiro Edgar Vigo.

Na Copa Suzuki Swift produciuse un intenso man a man durante todo o rallye entre Pablo Pazó e Jose Calvar que finalizou coa vitoria do primeiro, con 9.7 segundos de vantaxe sobre o seu rival. A terceira praza foi para José Pazó.