Alberto Meira recupera o liderato en Ponteareas #rallyriasbaixas

Imprimir
O piloto gondomareño Alberto Meira no tramo de Ponteareas - Imaxe RRB

O piloto gondomareño empregouse a fondo neste terceiro tramo da xornada e estrea "scratch" no día de hoxe cun tempo de 11:00:8.

Alberto Meira recupera o liderado na xeral tras sacarlle 15.2 segundos a Sergio Vallejo, que quedou en terceira posición, e neste momento a loita entre os dous pilotos está máis igualada que nunca. O de Vincios investiu apenas 11 minutos a pesar de ter que parar tras saírse do trazado por culpa de restos de aceite na estrada á altura do quilómetro 2,1 segundo declaraba á súa chegada a meta.

O segundo posto foi para Miguel Fuster que fixo un tempo de 11:13:0. Sergio Vallejo foi terceiro tras cubrir esta especial en 11:16:0, seguido de Pernía e Joan Vinyes, que quedaron en cuarta e quinta posición respectivamente.

Neste momento a xeral lidéraa Alberto Meira, a 11.1 de Sergio Vallejo que se sitúa en segundo lugar, e terceiro Miguel Fuster, que grazas ao tempo conseguido neste segundo tramo do día colócase nesa posición.

Respecto das copas, na Mitsubishi Evo Cup o máis rápido foi Surhayen Pernía, cun tempo de 11:19:3, seguido de novo por Alex Pais, que non puntúa porque compite no superrallye e de Joan Carchat.

Na Copa Suzuki Swift volve liderar Pablo Pazó, seguido do seu irmán José, e terceiro Jose Calvar. Co resultado conseguido neste tramo o local Pablo Pazó sácalle 13, 1 a Calvar na xeral.

Moitos afeccionados xa, a tal hora, nas mellores zonas dos tramos, proba da gran expectación que está a espertar esta 50 edición do Rallye Rías Baixas.