Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Segredos para seguir o 50º Rallye Rías Baixas en todo momento e sen perder ningún detalle.

Segredos para seguir o 50º Rallye Rías Baixas en todo momento e sen perder ningún detalle.

Correo-e Imprimir PDF
10325330 794118700612774 5254028731755389706 n

Os coches xa están quentando motores. Os 81 equipos que participarán das Vodas de Ouro do Rallye Rías Baixas preparan a saída ás 17 horas dende a Porta do Sol en Vigo. Dende alí a Chenlo para dar inicio ao primeiro tramo Chenlo - Morgadáns, facer unha concentración en Gondomar e pasar a disputar o segundo tramo Alba - Nigrán con finalización en Porto do Molle.

VM. Info estará a acompañar a competencia con imaxes, notas e crónicas da pasaxe da competencia pola bisbarra no portal así como nas canles sociais Twetter e Facebook. Para os máis fanáticos, un visor GPS elaborado pola empresa de Nigrán, Anube Sport, responsable de seguridade da carreira, permitirá seguir sen interrupcións a traxectoria de cada coche en todos os tramos da competencia.
O visor está aloxado no web Mistiempos.es e ademais de amosar a localización de cada competidor, informará das incidencias da carreira en todo momento.