Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Gondomar quenta motores cun encontro do público cos mellores pilotos do Rías Baixas 2014

Gondomar quenta motores cun encontro do público cos mellores pilotos do Rías Baixas 2014

Correo-e Imprimir PDF
equipo-bmw

-Terá lugar o mércores 28 no Auditorio Lois Tobío, ás 20.00 horas

-O municipio volverá ser escenario dun dos tramos do percorrido e acollerá, o venres 30, un parque de reagrupamento na Praza do Concello

Con motivo da celebración da 50ª edición do Rallye Rías Baixas, que cada ano congrega miles de seguidores, o Auditorio Lois Tobío acollerá este mércores 28, ás 20.00 horas, unha charla-coloquio que contará coa presenza dos mellores pilotos que correrán na proba.

Os irmáns Sergio e Diego Vallejo, os pilotos locais Alberto Meira e Pablo Pazó, o ex futbolista e actual piloto de rallys do equipo Suzuki Santiago Cañizares e o seu compañeiro de cores Joan Vinyes contarán anécdotas e responderán ás preguntas dos asistentes.

A entrada é libre, ata completar cupo.

O Lois Tobío será, ademais, escenario da mostra fotográfica do fotógrafo gondomareño Kike Salgueiro que expoñerá varias das súas mellores instantáneas dos rallys do Campionato de España.

Novidades no percorrido e reagrupamento no concello

O Rías Baixas terá lugar do 29 ao 31 de maio e manterá o mesmo esquema de competición dos últimos anos. A principal novidade estará no percorrido do primeiro día.

O 50º Rally Rías Baixas arrancará, o venres 30, coa disputa do tramo de Morgadáns: unha especial que discorrerá polas mesmas estradas que o histórico tramo de Chenlo. Morgadáns entra a formar parte do percorrido desta edición substituíndo á etapa do Castro de Vigo. Posteriormente os participantes cubrirán o tramo de Nigrán.

Tras disputar a primeira pasada polos tramos de Chenlo- Morgadánse Alba- Nigrán haberá un reagrupamento dos vehículos en Gondomar. Os 81 vehículos que tomarán a saída na competición botarán o freo na praza do Concello ás 19.20 horas do venres 30 de maio e permanecerán alí durante 20 minutos.

O rally completarase coa disputa, xa na etapa do sábado 31, dos tramos de Fornelos, Ponteareas e As Neves.

Unha competición con historia

O Rallye Rías Baixas é a proba deportiva que máis afeccionados reúne anualmente no sur de Galicia, motivo polo cal a Xunta de Galicia, Deputación Provincial e Concellos afirman que están decididas a seguir apostando e colaborando fortemente coa organización.

Dende o Concello de Gondomar faise fincapé en que "esta é unha competición deportiva cunha grande historia que ademais de facernos pasar un bo anaco, axuda a promover turisticamente os diferentes lugares" que o acollen.