Comezan as inscricións para participar da XIV edición do Memorial Manuel Barros de Atletismo.

Imprimir
ManuelBarros21

A proba terá lugar o 1 de xuño desde as 10.00 horas. O prazo de inscrición xa está aberto e rematará o vindeiro 28 de maio, ás 20.00 horas. Poderán participar todas as persoas que o desexen, estean federadas ou non, con excepción dos atletas estranxeiros federados no seu país, salvo os portugueses que non foran internacionais co seu país nos derradeiros 5 anos.

Nas categorías menores (Pre-benxamíns ata Cadetes), a inscrición realizarase a través do mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo . As categorías menores non pagarán cota de inscrición. Na carreira absoluta, (de Xuvenís ata Veteráns) farase na páxina web da Federación Galega de Atletismo (www.atletismogalego.org) e terá un custe de 5 € que se deberá aboar a través da pasarela de pago da Federación.

O circuíto discorrerá polas rúas de Gondomar para as categorías menores (ata cadetes inclusive), e polos arredores do concello para a carreira absoluta (10 Km).

Ao remate da proba outorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría tanto feminina coma masculina e unha medalla conmemorativa do 4º ao 10º nas categorías de Pre-benxamín ata cadete e a todos os pitufos ate fin de existencias. Ademais premiarase ao 1º atleta masculino e feminino do Val Miñor na carreira absoluta e haberá recordo conmemorativo como mínimo para os 600 primeiros inscritos.

Esta tradicional proba está organizada pola Sociedade Atlética Val Miñor en colaboración co Concello de Gondomar a través da Concellaría de Deportes e baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo.