Luns, 26 Feb. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes EU reclama bonificacións nas tarifas do Pavillón de #Baiona para parados e familias de baixos recursos.

EU reclama bonificacións nas tarifas do Pavillón de #Baiona para parados e familias de baixos recursos.

Correo-e Imprimir PDF
1621772 658914344147652 890191280 n

-Piden igual tratamento que o outorgado na ordenanza reguladora aos colectivos dos corpos de seguridade e emerxencias, así como pensionistas de baixos ingresos que gozan dunha bonificación do 50% da tarifa.

O coordinador local de Esquerda Unida en Baiona, Silvano Montes, presentou unha moción no concello solicitando que se introduza a exención de tarifas a todas as persoas en paro, con recursos inferiores ao salario mínimo interprofesional, así como a exención de tarifas ou a bonificación a todas as unidades familiares con ingresos por integrante da unidade, por debaixo do salario mínimo interprofesional no uso das instalacións deportivas do concello.
Tamén solicita que o curso anual (non escolar) nas instalacións deportivas se cobre desde o momento da matriculación cunha duración de un ano desde ese momento, e non que finalice en outubro con independencia de cando se comezou.
Se ben parece que as actividades escolares o curso escolar cunha duración de oito meses coincida co curso académico escolar, sen embargo facer coincidir o curso anual co mes de setembro crea unha dificultade a quen queira iniciar a realización de actividades no pavillón, ao marxe dos cursos.
Por outra parte na actual Ordenanza reguladora do prezo público pola utilización de instalacións, prestación de servizos e realización de actividades do Concello de Baiona, bonificase cun 50% aos membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, funcionarios do corpo de policía de Baiona e traballadores do Grupo Profesional de Emerxencias da Mancomunidade de Val Miñor ou exímese do pago aos pensionistas cuxos ingresos familiares sexan inferiores ao Salario Mínimo Interprofesional, non estando exentos nin bonificadas as persoas con baixos ingreso ou paradas.