Luns, 26 Feb. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Últimos días para inscribirse no III Cros Bernardo Almuiña

Últimos días para inscribirse no III Cros Bernardo Almuiña

Correo-e Imprimir PDF

A participación nesta competición, que terá lugar o vindeiro domingo en Monteferro, está aberta a todas as persoas interesadas, tanto federadas como non federadas.
A Sociedade Atlética Val Miñor, en colaboración co Concello de Nigrán, organizan o vindeiro domingo 16 de marzo o III Cros Bernardo Almuiña de atletismo na contorna de Monteferro. As inscricións están abertas a todas as persoas interesadas en participar, tanto federados como non federados. No caso dos máis pequenos, poderán participar todos os nenos e nenas nacidos entre os anos 1999 e 2010, ambos os incluídos.

As probas comezarán ás 11.00 horas, coa categoría cadete, que terán que percorrer unha distancia de 3.000 metros. Seguiranlle os infantís (2.000 metros), alevíns (1.000 metros), benxamins (500 metros) e a categoría absoluta ás 12.00 horas, con percorrido de 6.000 metros. As categorías prebenxamins e pitufos (300 e 100 metros respectivamente), pecharán a terceira edición do cros, ao redor das 13.15 horas.
Inscricións
As inscricións deberán efectuarse antes do 12 de marzo até as 20.00 horas a través do correo electrónico da Sociedade Atlética Val Miñor Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , indicando os nomes e apelidos, data de nacemento, localidade, DNI ou pasaporte, sexo, teléfono de contacto e nome do club, no que caso de non ser un corredor independente.
Tamén se poderá formalizar as inscricións en Athletics Deportes, Avda. de Balaídos número 41 (Vigo) e na Piscina Mancomunada do Val Miñor na Ramallosa, no teléfono 986 353 677. O prezo das inscricións para a carreira absoluta terá un custo de 5 euros, que se deberán abonar no momento de retirar o dorsal.