Xoves, 20 Jun. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes O equipo infantil feminino do Club de Tenis Gondomar xogará a final da Liga Galega de Tenis. #Deporte

O equipo infantil feminino do Club de Tenis Gondomar xogará a final da Liga Galega de Tenis. #Deporte

Correo-e Imprimir PDF
equipo-infantil-femenino2

-O Club Tenis Coruña será o rival que enfrontarán as gondomareñas para acceder ao trofeo da Primeira Infantil da Liga.
- A data da final resolverase nos próximos días.


O pasado 22 de febreiro disputáronse as semifinais da Liga Galega de Tenis Infantil de Primeira nas que resultaron vencedoras as rapazas do equipo infantil feminino do Club de Tenis Gondomar. Despois de moito esforzo e adestramento, estas tres rapazas conseguiron a vitoria no seu enfrontamento contra o Casino Ferrolano por 4-0.
O seguinte paso será disputar a final contra o Club Tenis Coruña. A cita estaba prevista para o próximo sábado, 8 de marzo nas instalacións deportivas do Pavillón Municipal ou do IES Auga da Laxe. Mais problemas de axenda na utilizacións dos complexos fixo que a mesma teña que ser postergada, con data a definir nos vindeiros días segundo fontes do club.