Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Confirman a pasaxe da Volta a España polo Val Miñor no mes de setembro.

Confirman a pasaxe da Volta a España polo Val Miñor no mes de setembro.

Correo-e Imprimir PDF
volta espana 2012 val minor

-Terá lugar durante a 19ª etapa o día 12 de na ruta que percorrerá dende Salvaterra de Miño ata Cangas do Morrazo.
O Castelo de Salvaterra de Miño será o punto de partida da segunda das etapas da Volta Ciclista a España que se disputará na provincia de Pontevedra, cun final na península do Morrazo e, concretamente, no concello de Cangas segundo informou este mércores o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán.


Neste sentido Rafael Louzán incidiu en que serán entre 33 e 35 os concellos polos que pasará e que será un "magnífico escaparate" para mostrarlle ó mundo os atractivos turísticos.
A penúltima etapa da Volta a España partirá do Castelo de Salvaterra de Miño, percorrendo Ponteareas e boa parte dos concellos do Condado, ademais de Baiona, Nigrán e Gondomar, para introducirse posteriormente na península do Morrazo, onde probablemente faga un dobre pase polo municipio de Moaña antes de rematar en Cangas.
Previamente, o día 11 de setembro, serán as comarcas de Tabeirós-Terra de Montes, Caldas e O Salnés as que reciban o pelotón da Volta, nunha etapa que se iniciará na Estrada e que culminará no campo de golf de Meis, "a cabalo entre dúas rías, a de Arousa e a de Pontevedra". Un remate en subida que, segundo subliñou o presidente da Deputación, a propia organización considerou "especialmente atractivo".
Neste caso e a falta de pechar algúns detalles, a etapa pasará por Cuntis, Caldas de Reis, Moraña, Valga, Pontecesures, Vilagarcía de Arousa, Cambados, Sanxenxo e outros concellos do Salnés e Pontevedra.
Segundo o relatado durante a comparecencia ante os medios, o evento será proxectando a máis de 190 países do mundo, dando "a imaxe dunha provincia e dunha comunidade que quere apostar forte polo turismo como sector estratéxico", en palabras de Rafael Louzán.