Luns, 26 Feb. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Baiona busca voluntarios para a organización da 1ª Maratón de Montaña Trans Serra da Groba.

Baiona busca voluntarios para a organización da 1ª Maratón de Montaña Trans Serra da Groba.

Correo-e Imprimir PDF
percorrido trans groba
andaina agroba
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

-O vindeiro luns 14 de outubro ás 20:30 horas os interesados deben achegarse ao auditorio da Praza de Abastos na rúa Carabela Pinta, onde terá lugar unha reunión informativa.
-A organización promete agasallos ás persoas que decidan colaborar na organización do evento.

A "1ª Maratón de Montaña Trans Serra da Groba", terá lugar o sábado 2 de novembro, nunha dobre modalidade: andaina popular de 20 quilómetros de recorrido guiado, e unha competencia para corredores cun percorrido de 45 quilómetros. Ambas as dúas actividades no entorno do espazo natural da Serra da Groba.
Segundo a organización, as labores dos voluntarios serán a entrega de dorsais, bolsas de corredor, vituallas, asistencia sanitaria, axuda aos participantes durante a carreira e controis ao longo do percorrido.
Anúnciase a entrega dunha camiseta oficial da competencia e outros agasallos para as persas que se acheguen a colaborar na organización do evento.