Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Gondomar, xunto coa Escudería Rias Baixas, quenta motores cara á 49 Edición do Rallye Rías Baixas

Gondomar, xunto coa Escudería Rias Baixas, quenta motores cara á 49 Edición do Rallye Rías Baixas

Correo-e Imprimir PDF
MEIRA

 

Gondomar quenta motores e prepárase para a 49ª edición do Rally Rías Baixas, que se celebrará os próximos días 30 e 31 na provincia de Pontevedra.
Con motivo da celebración deste evento deportivo, que cada ano congrega a milleiros de seguidores, o Concello de Gondomar, en colaboración coa Escudería Rías Baixas, acolle o mércores 29, unha mostra fotográfica, unha exposición de vehículos de carreiras na praza do Concello e unha charla-coloquio no Auditorio Lois Tobío.

Mostra fotográfica e exposición de coches como pistoletazo de saída
Abre a xornada dedicada ao motor unha mostra fotográfica de Kike Salgueiro e unha exposición de coches de rally
A Praza do Concello acollerá desde a mañá do mércores 29 unha exposición do fotógrafo do nacional de rallyes e veciño de Gondomar, Kike Salgueiro. Ademais das impresionantes instantáneas, o público poderá ver in situ catro dos vehículos participantes na proba, entre eles, o Mitsubishi do piloto gondomareño, Alberto Meira, o Porsche 911 de Sergio Vallejo, o Suzuki Swift de Pablo Pazó e o Opel Corsa de Esteban Vallín.
Como colofón terá lugar unha charla coloquio que contará con pilotos participantes na proba
Terá lugar o mércores 29 no Auditorio Lois Tobío de Gondomar, ás 20.00 horas
Estarán os pilotos Sergio e Diego Vallejo, campións de España de asfalto; Pablo Pazó e Moncho Seoane, campións da Copa Suzuki Swift 2012; Esteban Vallín, piloto oficial da rede Opel España e Alberto Meira, veciño de Gondomar, e campión da 48ª edición do Rías Baixas acompañado do seu copiloto, David Vázquez, ademais de responsables da escudería e o fotógrafo gondomareño Kike Salgueiro.
A entrada é gratuíta e o aforo limitado 250 prazas