Abren inscricións en Gondomar para matricularse na escola de piragüismo.

Imprimir
piragua-gondomar

Pese a chuviosa mañá do pasado sábado, día 17 de novembro, a Concellería de Deportes e o club de Piragüismo Val Miñor, levaron a cabo a xornada de piragüismo gratuíta prevista, coa intención de promocionar o deporte entre os mais cativos..

 

Ainda que o tempo non acompañou, a actividade desenrolouse con normalidade, e un grupo de 10 nenos e nenas puideron gozar da experiencia de subirse a unha piragüa e coñecer mais de cerca este deporte.

Dende a Concellería de Deportes, informase que permanece aberto o prazo de matrícula para inscribirse na escola de piragüismo. Os interesados poden solicitar máis información no pavillón municipal ou no teléfono 986 360 305, de luns a venres, en horario de 17:00 a 21:00 horas.