Sean Poynter, líder no ranking mundial de Paddle Surf proba unha nova liña de táboas nas olas de Patos

Imprimir
Sean-Poynter-presenta-una-n

O surfeiro norteamericano Sean Poynter, líder do ranking mundial na modalidade de Stand Up Paddle, visitou este martes 13 de novembro as praias de Nigrán. A cita tivo por obxecto presentar unha nova liña de táboas de surf Starboard.

 

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, e a concelleira de Turismo, Cultura e Deportes, Liliana Silva, estiveron xunto ao surfeiro natural de Ohio e afincado en Florida desde moi pequeno, así como con representantes de Beach Escolas e Waira, no que foi a segunda presentación a nivel mundial destas novas e revolucionarias táboas, cunha tecnoloxía moi superior ás que se viron até agora.

A falta da celebración de dúas probas do circuito mundial, e tras a súa última vitoria en Tahiti, Sean Poynter é líder do ranking, e consolídase como un dos SUPers máis radicais e innovadores do panorama mundial. As próximas citas serán en Brasil e unha illa do Caribe nas próximas semanas, onde Poynter espera poder ratificar o seu liderazgo actual facéndose co seu primeiro título de campión do mundo de Stand Up Paddle.