Inscricións abertas para a VII Marcha BTT Concello de Nigrán

Imprimir
cascos00 a

Os amantes do ciclismo teñen o vindeiro domingo unha cita co deporte, coa celebración da VII Marcha BTT Concello de Nigrán. A marcha, organizada pola Peña Ciclista Val Miñor en colaboración co Concello de Nigrán, está dirixida a todos os ciclistas maiores de 16 anos que dispoñan de licenza federativa.

 

O punto de partida será o Pavillón Municipal de Deportes de Panxón ás 9.15 horas. Tras o éxito da pasada edición, que contou con máis de 350 ciclistas, a organización mantén a dificultade do percorrido -media/alta-, cun trazado final dun 40 km. por rutas forestais e viarias de todo o municipio.

Ruta de sendeirismo

Ao mesmo tempo, a concellaría de Turismo, Cultura e Deportes do Concello de Nigrán organiza de forma paralela unha ruta polo carreiro do Río Muiños, para que todos os acompañantes que non vaian en bicicleta. A ruta, que partirá contorna ás 9.45 horas do pavillón, terá unha lonxitude de 10 km., cunha dificultade baixa e unha duración aproximada de dúas horas.

O carreiro fluvial comeza na desembocadura do Río Muiños en Praia América, para gozar durante dous quilómetros da tranquilidade deste río, da súa flora e a súa fauna, e tamén dalgunhas mostras do patrimonio, como o muíño da ponte de Mallón e a ponte do mesmo nome. A organización facilitará a cada participante o avituallamiento necesario para a camiñada.

Inscricións

Os interesados en participar poderán completar o formulario de inscrición para a Marcha BTT Concello de Nigrán na páxina Web www.nigranbtt.com até mañá xoves 8 de novembro.