A Agrupación Deportiva Vincios obtén o XXV Campionato Galego Infantil de tenis de mesa.

Imprimir
vincios-infantil

Os xogadores da A.D. Vincios coparon o podio do XXV Campionato Galego Infantil disputado en Lugo. Na mesma xornada, disputada o pasado sábado 9 de xuño, os cadetes conseguiron o cuarto lugar da clasificación.

 

O pasado sábado día 9 disputouse en terras de Lugo o XXV Campionato Galego Infantil e V Cadete de Tenis de Mesa. Os resultados para os equipos da agrupación gondomareña non puideron ser mellores. A A.D. Vincios proclamouse Campioa Infantil Masculina e Feminina e os infantís Daniel Estévez e Martín Pintos (Vincios A Pasaxe) e as infantís Lucía Graña e Natalia Fernández (Vincios Bade) subiron todos a o máis alto do podio.

Tamén en categoría infantil masculina os xogadores Enrique Pereira, Pablo Baz e Jorge Larrondo (Vincios Made. Tapias) pecharon o podio quedando clasificados en cuarto lugar.

En Cadete Masculino tamén os xogadores Alberto Pérez, Luís D´agostino e Daniel Piñeiro da A.D.Vincios alcanzaron o cuarto lugar.