Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Excelente acollida no I Trofeo de Tenis Benéfico escolar Concello de Gondomar

Excelente acollida no I Trofeo de Tenis Benéfico escolar Concello de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
torneo-benefico-gondomar(2)
torneo-benefico-gondomar-03
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Máis de 100 cativos dos centros de ensino participaron do I Trofeo de Tenis Benéfico disputado onte no Pavillón Municipal de Gondomar. A actividade ademais de achegar unha xornada de ledicia e lecer nos participantes, permitiu acadar unha importante cantidade de alimentos que serán destinados ao almacén da Concellaría de Benestar Social.

 

Desde as 09:00 e ata as 13:30 horas as instalacións deportivas de Gondomar recibiron a máis de 100 nenas e nenos que realizaran a súa inscrición achegando un quilo de alimentos cada un.

A concelleira Patricia Durán aplaudiu a iniciativa do Club de Tenis de Gondomar -organizador do evento- e agradeceu a súa achega á concellaría de Benestar da que é responsable.

O alcalde, Fernando Guitián, a concelleira de Deportes, Natalia Salgueiro e a concelleira de Benestar Social, Patricia Durán, foron os encargados de realizar a recepción dos alimentos, ademais de facer entrega aos campións das medallas conmemorativas do torneo.