Mércores, 4 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Gondomar recibe a XII edición do Memorial Manuel Barros.

Gondomar recibe a XII edición do Memorial Manuel Barros.

Correo-e Imprimir PDF
memorial-manuel-barros

O vindeiro domingo, día 27 de maio, as rúas de Gondomar serán escenario da 12ª edición da proba de atletismo “Memorial Manuel Barros”.

A Sociedade Atlética Val Miñor, xunto co Concello de Gondomar, e coa colaboración de Hormigones Val Miñor, organizan a xa tradicional proba, que dará comezo a partir das 10:00 horas coa categoría Cadete, e que conta cunha preinscrición de preto de 1.000 participantes.

O horario establecido para as diferentes categorías e a seguinte:

HORARIO

CATEGORÍA

ANO NACEMENTO

DISTANCIA A PERCORRER

10:00 horas

Cadetes

97/98

3.000 metros

10:20 horas

Infantil

99/00

2.000 metros

10:35 horas

Alevins

01/02

1.600 metros

11:00 horas

CARREIRA ABSOLUTA

95 e anteriores

10.000 metros

12:15 horas

Pitufos

07/08

100 metros

12:35 horas

Pre-benxamins

05/06

300 metros

12:55 horas

Benxamins

03/04

600 metros

O remate terá lugar a entrega de trofeos por parte das autoridades e colaboradores.

A concelleira de Deportes, Natalia Salgueiro, foxo un chamamento aos veciños e veciñas de Gondomar para que se acheguen as rúas do casco urbano e colaboren tamén animando os atletas participantes.