Nigrán acolle o I Torneo de Pádel Solidario en beneficio das persoas con parálise cerebral

Imprimir
presentacion-padel-solidari

-O torneo celebrarase do 3 ao 10 de xuño nas instalacións do Real Club Náutico de Vigo en Nigrán.

 

A primeira semana de xuño celebrarase en Nigrán o " I Torneo de Pádel Solidario pola parálise cerebral" organizado por ASPACE-Galicia (Federación Galega de Parálise Cerebral) en colaboración co Real Club Náutico de Vigo e o Concello de Nigrán.

O obxectivo do torneo é captar recursos para axudar ás persoas con parálise cerebral. Deste xeito, os deportistas terán a oportunidade de que a experiencia no torneo teña un significado especial: contribuír a mellorar a calidade de vida deste colectivo.

O torneo está dirixido a todas as persoas que queiran colaborar, independentemente do seu nivel, e a aqueles que practiquen este deporte. Todas as persoas interesadas en participar e colaborar con esta iniciativa solidaria dispón de dúas modalidades de inscrición, a través da páxina web oficial do Real Club Náutico de Vigo (www.rcnauticovigo.com) ou en Decathlon Vigo na sección de Pádel. O pago dos 15 ou 10 eurospor participante (para socios do R.C. Náutico de Vigo) realizarase antes de xogar o primeiro partido.

A sede do Concello foi escenario esta mañá da presentación desta iniciativa solidaria e contou coa participación de Alberto Valverde Pérez, alcalde de Nigrán, María del Carmen Alonso-Macías, concelleira de Benestar Social e Sanidade, Liliana Silva, concelleira de Turismo, Cultura e Deportes, Concepción Somoza Torres, presidenta de ASPACE-Galicia, Franco Cobas González, presidente do Real Club Náutico de Vigo, Santiago López Guerra, Secretario Xeral do Consorcio Zona Franca de Vigo, e Silvia Valverde, directora da sucursal de Nigrán de Novagalicia Banco.