Unha avaría deixa fóra ao equipo do BMW M3 no Rallye Comarca da Ulloa.

Imprimir
Equipo-BMW-no-rally-da-Ullo

Este fin de semana celebrábase a V edición do Rallye Comarca da Ulloa, onde o equipo do BMW M3 estaba inscrito cos seus pilotos Fernando Silva e JJ Nieves.

 

Un percorrido con tramos da mañá moi rotos e moi difíciles especialmente para as dúas rodas motrices, pero o dúo formado por Silva - Neves, marcaban uns moi bos cronos das primeiras pasadas d'A Peneda e Palas de Rei.

Aínda que unha saída de pista na segunda pasada por A Peneda onde se perderon ao redor duns 20 segundos e problemas cun latiguillo de freo, foron afundindo ao equipo na clasificación.

Os problemas de freos intentáronse solucionar ao mediodía no parque de traballo, aínda que non se conseguiu do todo, xa que o problema co latiguillo do freo traseiro dereito, fixo que os membros da asistencia, regulasen o repartidor mais para os freos dianteiros.

No tramo de Montrerroso, primeiro da tarde, unha coada nun cruzamento de dereitas polo mesmo problema de freos e posteriormente o adianto do vehículo que lles precedía, o Evo de Belón, e o difícil que era frear co M3, optaron polo abandono nesta V edición do Comarca da Ulloa.

O equipo espera confirmar a súa participación na vindeira 48º edición do Rallye Rias Baixas.