Open de Galicia de BTT no monte comunal de Gondomar.

Imprimir
Mini-BTT

Organizado polo Club Ciclista Bici Verde, o Monte Comunal de San Bieito acolle este sábado, o "V Trofeo BTT Concello de Gondomar", coa colaboración da Concellaría de Deportes do Concello de Gondomar e a Comunidade de Montes de San Bieito.

 

A proba comezará ás catro da tarde e nela está previsto que se dean cita máis de 150 ciclistas de todas as categorías do mountain bike galego: elite-sub 23, sénior, junior, cadetes, masters e mulleres. A proba é valedoira para o Open de Galicia de BTT na modalidade de cros country olímpico.

Con esta quinta edición, Gondomar empeza a converterse nun clásico no calendario para os amantes do mountain bike, cun trazado de 5 quilómetros, no que os ciclistas gozarán dun percorrido esixente que porá a proba o seu estado de forma en metade de tempada. E como aliciente a engadir, ao finalizar a proba disputarase a segunda edición do Circuíto de Substitucións, proba de substitucións por equipos no que os ciclistas en grupos de tres demostrarán cal deles será o máis rápido en dar unha volta a un tramo do circuíto de San Bieito.