Este fin de semana dispútase en terras da Ulloa o V Rally Comarca da Ulloa, onde o equipo do BMW M3 formado por Fernando Silva e J. J. Neves estarán na saída do mesmo.
Tras a mala fortuna tanto no Rally do Cocido, que abandonaban por accidente e no pasado Rally Rota do Folar que abandonaban por avaría mecánica, o equipo volve con ganas de pasalo ben e facelo o mellor posible.
Este fin de semana rodábase o motor recentemente feito na Subida a Oia, onde o coche respondeu moi ben, cabe destacar que abandonaría na última manga por problemas cun palier.
Tal e como nos contaba o copiloto Neves "logo da mala sorte que tivemos nos dous últimos rallys disputados, Cocido e Rota do Folar, saímos ao Ulloa coa única intención de pasalo ben, facer gozar ao público e o máis importante, chegar ao parque nunpechado final, ao coche fíxoselle outra vez o motor, tras a rotura do Rota do Folar, foi probado este fin de semana en Oia por Fernando e todo parece funcionar ben, as asistencias seguirán a cargo do noso preparador Puskas Racing".
O equipo competirá dentro da Copa Pirelli Top Ten co dorsal Nº 18 nas súas portas.
Horarios V Rally Comarca de Ulloa | |||
Tramo | Lonxitude (km.) | 1ª Pasada | 2º Pasada |
Pol.Ind. Monterroso | 1,300 | 21:03 |
|
A Peneda | 11,300 | 8:48 | 11:53 |
Palas de Rei | 11,300 | 9:36 | 12:41 |
Monterroso | 10,600 | 16:53 | 19:03 |
Lalín | 13,400 | 17:36 | 19:46 |