Nigrán acollerá o XXI Campionato Galego de Bolos Celta

Imprimir
bolos-celtas

O Campionato Galego de Bolos Celta na categoría senior masculina chega á súa vixésima primeira edición con 78 participantes provenientes de máis de 20 clubs do Val Miñor. Esta competición, patrocinada polo Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra, celebrarase mañá martes 1 de maio entre as 9.00 e as 14.00 horas nos campos do Centro Cultural de Camos Camoesa.

 

As probas de mañá constitúen a primeira fase de eliminación do campionato autonómico, pasando unicamente á seguinte rolda 23 dos case 80 participantes. O campión da edición de 2011, o veciño de Gondomar José Rodríguez, do Club Mañufe, está clasificado automaticamente para a seguinte rolda, que terá lugar o próximo 13 de maio.

Así mesmo, o campionato galego por parellas xogarase o domingo 6 de maio no mesmo horario que o individual. Nesta primeira fase participarán 42 parellas, integradas todas elas por xogadores do clubs do Val Miñor.