A A. D. Vincios aportará dous competidores á selección galega no campionato español de tenis de mesa.

Imprimir

Diapositiva1-Os xogadores Daniel Estevez e Lucía Graña, da Agrupación Deportiva de Vincios competirán no Campionato de España de selecciones autonómicas de tenis de mesa.

 

Convocados polo seleccionador galego Miguel Cabaleiro, Lucía Graña (cadete feminina) e Daniel Estevez (infantil masculino) trocarán por uns días a camiseta da Agrupación Deportiva Vincios pola da selección autonómica. Participarán na cidade de Santander do Campionato de España de Selecciones Autonómicas nas categorías infantil e cadete.

O evento terá lugar dende o vindeiro 27 de abril ata o 1 maio.