- A proba desenvolverase o vindeiro sábado na praia de Patos.
O vindeiro sábado 21 de abril Nigrán acollerá a segunda proba do Circuíto Galego de Surf e Bodyboard na praia de Patos. A competición, organizada polo Prado Surf Club en colaboración coa Federación Galega de Surf e o Concello de Nigrán, contará coa participación de máis de 70 surfeiros procedentes de toda Galicia.