A Final Provincial do Duatlón Escolar da provincia de Pontevedra dispútase en Gondomar

Imprimir
duatlon-val-minor

-O vindeiro sábado día 14, a partir das 16:30 horas, o Concello de Gondomar acolle a Final Provincial de Duatlón Escolar.

- Con motivo da celebración desta proba deportiva, a Rúa D.Diego Sarmiento de Acuña permanecerá pechada ao tráfico en horario de 16:00 a 20:00 horas

A Federación Galega de Triatlón, en colaboración coa Secretaría Xeral para ou Deporte e o Concello de Gondomar, organiza a final provincial escolar de duatlón, que este ano conta cunha inscrición superior aos 90 nenos, con idades comprendidas entre os 9 e 16 anos, incluíndo diferentes categorías (desde categoría benxamín a cadete ) tanto masculina como feminina e que se celebrará nas inmediacións das Cercas.

Os deportistas proveñen de diferentes entidades da provincia de Pontevedra, como son: Triatlón Mar de Vigo

Colegio Estudio

Escolas Deportivas Concello de Poio

Triatlón Galaico

CPI Suarez Marquez

IES Tomiño

Comesaña Sporting Club

Colegio Apostol Santiago

Atletismo Tui Thermalia

Atletismo Porriño

Os participantes en función de cada categoría realizarán un primeiro sector de carreira a pé para seguidamente realizar un circuíto en bicicleta e terminarán con outro sector de carreira a pé.

As distancias da proba depende da categoría, así, os benxamíns encargaranse de correr 500 metros, facer 2 quilómetros en bicicleta e volver correr 250 metros; en Alevín as distancias son de 1 quilómetro (carreira a pé), 4 quilómetros de bici e 500 metros de carreira a pé; en Infantil, 1,5 quilómetro de carreira, 6 quilómetros de bicicleta e 750 metros de carreira e, para rematar, en cadete a proba consistirá en 2 quilómetros de carreira a pé, 8 quilómetros de bicicleta e para finalizar 1 quilómetro de carreira.

Ao finalizar a proba, terá lugar a entrega de trofeos, na que participarán autoridades dos tres concellos do Val Miñor, xunto con responsables da Federación e da Secretaría Xeral para ou Deporte.