Mércores, 16 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Aberto o prazo para inscribir aos cativos nas actividades deportivas de Semana Santa en Gondomar.

Aberto o prazo para inscribir aos cativos nas actividades deportivas de Semana Santa en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
deporte-ninos-p

Durante os próximos días 2-3-4 de abril, en horario de 10:00 a 14:00 horas, as nenas e nenos de Gondomar poderán participar no II Campus Multideporte organizado polo Concello de Gondomar. As inscricións poderán realizarse de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas na OMIX (Casa da Cultura) ou de 17:00 a 20:00 horas no pavillón municipal. As prazas son limitadas.

 

Dentro do calendario de actividades previsto pola Concellaría de Deporte, que dirixe Natalia Salgueiro, e animados polo éxito da primeira edición celebrada o pasado ano, a concelleira manifesta que novamente quérese achegar estas "actividades das escolas municipais ás nenas e nenos de Gondomar."

A idea da Concellaría é promocionar as escolas deportivas municipais entre os máis pequenos, e á súa vez, facilitar ás familias unha alternativa de actividades para os seus fillos durante o período da Semana Santa.

As nenos, entre 6 e 12 anos poderán participar de forma gratuíta na práctica de actividades de tenis, piragüismo, tenis de mesa, atletismo, fútbol sala, baloncesto e balonmán, atletismo, tenis de mesa, tenis e piragüismo.