Logo da magnifica acollida de anos anteriores, o Club de Tenis Gondomar organiza durante os próximos domingos 19 e 26 de Febreiro e o 4 de Marzo o IV Open de Tenis, en colaboración coa Concellaría de Deportes local.
Os partidos disputaranse en pista dura indoor en toda a categoría masculina e en semifinal e final feminina e celebraranse nos pavillóns deportivos de Gondomar.
O absoluto masculino fase previa disputarase o domingo 19 de 10:00 a 19:00 e o cadro feminino farao os domingos 19 e 26 de febreiro en horario de 09:00 a 16:00 horas
A fase final xogarase o domingo 26 de 10 a 19:00 e a final terá lugar o domingo día 4 de marzo de 10:00 a 15:00 no pavillón municipal de Gondomar.
Para máis información contactar co Club de Tenis Gondomar no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo