O campión baionés Cristian Cabral, irá polo título español de loita este fin de semana en Murcia.

Imprimir
Cristian Cabral na obtención do 3º posto do Campionato de España de loita 2011

O gran campión galego de loita na categoría cadete, Cristian Cabral (Baiona), irá á conquista do título español o vindeiro fin de semana. Representando ao Club de Loita Sabarís, Cristian competirá pola súa categoría de 63 kg. na edición 2012 do Campionato de España de Loita a desenvolverse en Murcia durante os días 11 e 12 de febreiro.

 

Conta como antecedentes o seu 3º posto na edición 2011 así como a distinción como mellor deportista de base de Baiona obtido na recente gala do Deporte de Baiona.

Cristian Cabral conquistou o Campionato Galego en categoría Cadete no certame do pasado 21 de xaneiro celebrado no Pavillón Universitario de Pontevedra.