Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes O campión baionés Cristian Cabral, irá polo título español de loita este fin de semana en Murcia.

O campión baionés Cristian Cabral, irá polo título español de loita este fin de semana en Murcia.

Correo-e Imprimir PDF
Cristian Cabral na obtención do 3º posto do Campionato de España de loita 2011

O gran campión galego de loita na categoría cadete, Cristian Cabral (Baiona), irá á conquista do título español o vindeiro fin de semana. Representando ao Club de Loita Sabarís, Cristian competirá pola súa categoría de 63 kg. na edición 2012 do Campionato de España de Loita a desenvolverse en Murcia durante os días 11 e 12 de febreiro.

 

Conta como antecedentes o seu 3º posto na edición 2011 así como a distinción como mellor deportista de base de Baiona obtido na recente gala do Deporte de Baiona.

Cristian Cabral conquistou o Campionato Galego en categoría Cadete no certame do pasado 21 de xaneiro celebrado no Pavillón Universitario de Pontevedra.