Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes 2ª xornada da I Liga Escolar Mini BTT do Val Miñor, da tempada 2011-2012.

2ª xornada da I Liga Escolar Mini BTT do Val Miñor, da tempada 2011-2012.

Correo-e Imprimir PDF
Ciclismo-BTT-escolar

A I Liga Escolar Mini BTT "do Val Miñor 2011-12", que organiza conxuntamente a Concellería de Deportes do Concello de Baiona, Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia a través do seu programa deportivo escolar Xogade (duatlón) e o Club Ciclista Rías Baixas, se desenrolará o vindeiro domingo día 19 de Febreiro no antigo campo de fútbol de Santa Marta en Sabaris. Trátase da 2ª Xornada, despois da anterior que se celebrou o pasado día 11 de decembro.

 

As categorías participantes:

-Pre-benxamín (nacidos 04-05) distancia a recorrer 1000 metros

-Benxamín (nacidos en 03-02) distancia a recorrer 1500 metros, tanto masculino como feminino

-Alevín (nacidos en 01-00) distancia a recorrer 2000 metros, tanto masculino como feminino

-Infantil (nacidos en 99-98) distancia a recorrer 1.500 infantil feminino e 3.000 masculino.

-Cadetes (97-96) distancia a recorrer 2600 metros cadete feminino e 4000 masculino.

Os participantes deberán concretar a súa asistencia ao evento antes do día 15 de febreiro.

Os participantes deberán levar a súa bicicleta (preferiblemente de BTT) e o casco.

Cada proba constará de 2 mangas, de cada manga, se sumarán os puntos conseguidos en función a posición que obteñan cada ciclista: o primeiro 1 punto, o segundo, 2 puntos, o terceiro, 3 puntos e así sucesivamente, gañando aquel ciclista que menos puntos consiga. En caso de empate, o desempate será a favor do ciclista que acade mellor posto na segunda manga.

Cada participante deberá recoller o dorsal 30 minutos antes de comezar a proba.

Realizarase un ranking individual entre tódolos escolares participantes así como outro por entidades e colexios.

As vindeiras datas onde se organizarán máis probas desta liga escolar serán; 19 Febreiro e 27 de maio.

Os dorsais necesarios para participar serán recollidos minutos antes de cada proba na propia Praia Ladeira.

Para máis información, os interesados deben contactar cos teléfonos 986 356 558 – 679 196 881 no fax 986 358 078 ou no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo