Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Xornada de Bádminton para escolares do Val Miñor.

Xornada de Bádminton para escolares do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
badminton

O vindeiro venres día 24 de febreiro a partir de las 16.30 h. ata as 18.30 h. no pavillón escolar de Covaterreña, a Concellería de Deportes do Concello de Baiona, en colaboración ca Federación Galega de Bádminton, Agrupación Deportiva do Val Miñor e a Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, organizan a I XORNADA ESCOLAR DE BADMINTON para todos los nen@s escolares do Val Miñor que queiran participar.

 

As categorías participantes son:

Benxamín Masculino e Feminino (nacidos anos 2003-2002).

Alevín Masculino e Feminino (nacidos anos 2001-2000).

Infantil Masculino e Feminino (nacidos anos 1999-1998).

Cadetes Masculino e Feminino (nacidos anos 1997-1996).

A data límite de inscrición é para o día 22 de febreiro.

Como inscribirse?

-Cubrindo o boletín de inscrición que se acehegará aos centros de ensino e remitirllos ao pavillón municipal de Baiona vía Fax: 986.358.078 ou email; Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .

-Chamando o 986.356.558 e deixando os datos para participar.

-Que algún responsable do centro educativo recolla todas las peticións dos interesados e as remita á Concellería de Deportes de Baiona.

A idea destas xuntanzas non competitivas de bádminton (a seguinte será o vindeiro 30 de marzo) non e outra máis que citar aos escolares no pavillón municipal de Baiona para que xoguen o maior numero de partidos entre os distintos escolares doutros colexios do Val Miñor e que sirvan de adestramento para o torneo escolar de bádminton a desenvolverse o próximo 4 de maio do 2012.

Ademais, a Concellería de deportes de Baiona porá a disposición de tódolos cativos todo o material necesario para poder xogar sendo unicamente necesario presentarse con roupa e calzado deportivo (a ser posible con pantalón curto).