Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Descobre Nigrán en piragua

Descobre Nigrán en piragua

Correo-e Imprimir PDF
club piraguismo_val_minor

O Club Piragüismo Val Miñor retoma o programa Nigrán en piragua 2012, en colaboración coa concellaría de Turismo, Cultura e Deportes do Concello de Nigrán e Kailua. Esta iniciativa desenvolverase ata o próximo 7 de outubro, co deseño diversas rutas de piragüismo que permitirán coñecer as bateas, as calas de Monteferro e Monte Lourido, a ensenada da Ramallosa, os portos de Panxón e de Baiona, os faros d'A Laxe, Monteferro e Agoeiro, as Illas Estelas ou as Illas Cíes, entre outras localizacións da zona. A próxima saída terá lugar o vindeiro sábado 4 de febreiro. Para máis información e inscricións consultar a Web www.piraguismovalmiñor.com, no teléfono 627 828 647 ou no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .