Martes, 5 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes I Carrera BTT Aventura Concello de Nigrán

I Carrera BTT Aventura Concello de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Cartel-Carrera-BTT-Aventura

O próximo 28 de xaneiro Senda Azul, en colaboración coa concellaría de Turismo, Cultura e Deportes de Nigrán, organiza a I Carreira BTT Aventura Concello de Nigrán, unha travesía de tres horas máximas de duración que ten como punto de partida e como meta a chaira de praia América, xunto ao Punto Pasión. A inscrición permanecerá aberta ata o xoves 26, e ten un custo de 18 euros.

 

Na Carreira BTT Aventura os participantes deberán atopar ata un máximo de doce balizas repartidas ao longo de todo o percorrido. A suma das puntuacións conseguidas nas balizas atopadas determinará a clasificación da proba, e en caso de igual puntuación será o tempo de chegada o que determine o posto final. A carreira contempla un trazado por algún dos enclaves máis significativos do municipio, como Montecastelo, Chandebrito ou Monteferro, garantindo unhas vistas inmellorables nun marco natural de inigualable beleza e riqueza.

Os participantes con maior nivel físico que opten polo trazado completo de máis de 33 quilómetros atoparanse continuos desniveis e sendas de dificultade media/alta. Tamén poderán participar os corredores novos ou con pouca experiencia, que realizarán un percorrido de menor distancia e dificultade, nunha contorna máis próxima á zona de saída/meta.

Para máis información consultar contactar coa organización a través dos teléfonos 629541718, 607 820529 e 687 310897.