Martes, 5 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes A Volta ciclista a España 2012 deixarase ver por Nigrán

A Volta ciclista a España 2012 deixarase ver por Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
A volta ciclista a España 2012 pasará por Nigrán

O norte da península será a principal protagonista das 21 etapas que conforman a nova edición á Volta a España de Ciclismo que partirá o próximo 18 de agosto dende Pamplona.

A caravana da volta ciclista deixará a súa estela por Nigrán o 28 de agosto na etapa entre Ponteareas e Sanxenxo.

Pontevedra foi a primeira provincia galega en sumarse á lexendaria cita do ciclismo nacional e internacional. O anuncio feito no mes de decembro polo presidente da Diputación de Pontevedra, Rafael Louzán, para informar do finanzamento da competición para que as etapas pasasen por concellos da provincia.

O importe da aportación que fará a Diputación de Pontevedra para este evento seguen sendo unha incógnita, ao igual que o da Diputación de A Coruña e a aportación que quere facer a Xunta de Galicia para que unha nova etapa pase pola provincia de Lugo.

A Xunta de Galicia xustificou esta inversión facendo unha relación directa entre as 1.500 persoas que forman parte do "comboi" loxístico da proba que segundo a Xunta xera 250.000 euros diarios nas cidades e vilas que acollen a estes profesionais. 

A Volta ciclista en Pontevedra.

No caso de Pontevedra, a Volta terá tres etapas que serán financiadas pola Deputación provincial en colaboración cos concellos implicados. Ata o momento se descoñece a aportación que fará o concello de Nigrán, ao igual que Sanxenxo, Cambados ou Vilagarcía. O presidente da deputación, o definiu como "una gran inversión para el sector turísticos de las Rías Baixas".

Dim lights Embed Embed this video on your site