Máis de 100 inscritos no torneo de tenis de reis de Nigrán

Imprimir
tenis

 

O Club de Tenis Nigrán, en colaboración co Concello de Nigrán, organiza a IV edición do Torneo de Tenis de Reyes Magos, que se celebra nas instalacións deportivas municipais Dunas de Gaifar en Panxón entre o 2 e o 8 de xaneiro -menos o día de reis-. Nestes días daranse cita máis dun centenar de tenistas galegos das categorías benjamín, infantil, junior, absoluto e veteranos, que xogarán entre as 11.00 e as 21.00 horas.