A concellaría de Turismo, Cultura e Deportes do Concello de Nigrán anuncia a apertura do prazo de inscrición para o "VI Torneo de Voley Praia Concello de Nigrán", que se celebrará o vindeiro domingo 27 de agosto na praia de Patos. As inscricións son gratuítas, e poderán realizarse na Oficina de Turismo Dunas de Gaifar de Nigrán e na páxina Web www.volleypatos.tk.