Mércores, 16 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura O ilustrador coruñés Carlos Arrojo gaña o concurso de carteis Quin Alborés cara o X Festival de Jazz.

O ilustrador coruñés Carlos Arrojo gaña o concurso de carteis Quin Alborés cara o X Festival de Jazz.

Correo-e Imprimir PDF
gramofono-cartel-jazz

Impúxose a un total de 51 propostas presentadas nun certame que salientou pola súa calidade e récord de participación

O ilustrador coruñés Carlos Arrojo resultou o gañador do Concurso de Carteis Quin Alborés que convoca o Concello de Nigrán coa súa proposta "Gramófono". O traballo, premiado con 500 euros, será o que se empregue para a difusión do festival nesta décima edición. O xurado destacou na súa valoración o seu "impecable traballo de maquetación e ilustración" e o seu gran "detallismo". Precisamente, Arrojo, un dos máis recoñecidos ilustradores do panorama galego, xa foi o gañador na edición de 2012.

 

O certame destacou este ano polo récord de participación con 51 traballos presentados e polo seu gran nivel, o que dificultou moito a elección do gañador, situándose como a segunda proposta o cartel "A dos manos collage".

Arrojo conta cunha gran traxectoria como ilustrador, tendo traballado para infinidade de editoriais e marcas como Perrier, Casino Gran Madrid, Estrella Galicia... e organismos como Pazo da Cultura de Pontevedra, Concello de A Coruña, Cidade da Cultura de Galicia... Ademais, conta cun gran palmarés de premios entre os que destaca o premio do Injuve en 2011, Ilustramaxina en 2015, premio do Ministerio de Cultura, primer premio do cartel da Festa da Istoria...

Este certame rende homenaxe dende o ano 2010 ao artista nigranés Quin Alborés, gran amante do jazz e quen impulsou o Festival dende o seu comezo deseñando os seus tres primeiros carteis.