"A Batalla de Pontesampaio. Unha mirada crítica desde a retrospectiva do bicentenario", será a conferencia que abrirá o ciclo este venres 22 de abril ás 20:30 horas. A mesma estará a cargo de J. María Peláez Valle, profesor compoñente da Área de Ciencia de Materiais e Enxeñería Metalúrxica da Universidade de Vigo.
O ciclo continuará o día 7 de maio, a mesma hora, co tema "Vida e feitos don D. Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar", a cargo de Fernando Bartolomé Benito, catedrático de lingua española e literatura .
A actividade está organizada pola Asociación Cultural San Vicente de Mañufe coa colaboración do Concello de Gondomar.