O Centro Cultural de Peitieiros convoca o III Certame Literario do Día das Letras Galegas.

Imprimir

No mesmo poderá participar calquera persoa que resida en Gondomar cunha obra escrita en galego (normativa oficial). Admitiranse textos en prosa ou verso, dunha extensión máxima de dúas páxinas (corpo da letra 12, interlineado 1,5).
O prazo de presentación remata o día 12 de maio. As obras deberán presentarse sen nome da/o autor/a nun sobre pechado na caixa do correo do Centro Cultural de Peitieiros (adro da Igrexa de Peitieiros), acompañadas doutro sobre pechado dentro do cal estarán o nome, idade, domicilio e teléfono da/o autor/a. No exterior do sobre deberase indicar a categoría en que se participa.

Establécense tres categorías:
a) até os 12 anos
b) de 12 a 18 anos
c) de 18 anos en diante
Haberá un premio por cada categoría, consistente nun lote de libros.
A decisión do xurado será inapelábel. A participación no concurso implica a aceptación destas bases.
ØO premio será fallado o día 21 de maio, nun acto que sobre as Letras galegas se desenvolverá no Centro Cultural de Peitieiros, en que as e os gañadores darán lectura á súa obra.