Mércores, 12 Dec. 2018

Actualizado11:03:00 AM GMT

Estás en Canais Cultura O Museo provincial de Pontevedra organiza un concurso fotográfico de espazos históricos.

O Museo provincial de Pontevedra organiza un concurso fotográfico de espazos históricos.

Correo-e Imprimir PDF
museo pontevedra

"Obxectivo Pontevedra" leva á rúa o aniversario da fundación do Museo. Trátase dun concurso fotográfico, aberto a toda a cidadanía, que se desenvolverá o 30 de decembro, coincidindo coa data do aniversario da fundación da institución museística da provincia
Co obxecto de conmemorar o aniversario da fundación do Museo provincial o vindeiro 30 de decembro terá lugar un concurso fotográfico aberto a toda a cidadanía. As persoas participantes, sen límite de idade, deberán localizar cinco espazos da zona histórica de Pontevedra retratados polos debuxantes da Sociedad Arqueológica de Pontevedra e fotografar eses lugares, tratando de reproducir, o máis fielmente posible, o encadre do debuxo orixinal.

Para poder participar no concurso as persoas interesadas terán que presentarse no Sexto Edificio do Museo, a partir das 16:00 horas do día 30, para inscribirse e recoller unha copia dos debuxos que terán que localizar e fotografar; unha vez feitas as fotografías deben volver ao Sexto Edificio para entregar unha copia delas en formato dixital. Só por participar todas as persoas recibirán, no momento da entrega das fotos, unha publicación do Museo de Pontevedra como agasallo.
Con todas as fotografías presentadas un xurado composto por persoal do Museo elixirá as tres mellores series fotográficas, que serán premiadas cunha exposición temporal na área de cristal do Sexto Edifico. Ademais, ás autoras e autores destas tres series fotográficas se lles entregará unha selección de publicacións, a escoller entre a oferta editorial do Museo de Pontevedra. Estes tres gañadores e gañadoras daranse a coñecer un mes despois, o sábado 30 de xaneiro de 2016, coincidindo coa data da celebración da primeira sesión do Padroado do Museo, na que estivo presente Castelao, artista a quen a Real Academia Galega de Belas Artes dedica o ano 2016.
As persoas que desexen máis información poden contactar no teléfono 986 804 100, extensión 42413, ou no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , de luns a venres, de 8:00 a 14:30 h.