Artistas independentes do Val Miñor e O Baixo Miño amosan as súas obras no Culturgal en Pontevedra.

Imprimir
irene-silva-baiona
fe-gonzalez-oia
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

O Culturgal está a fornecer un espazo de encontro non só entre as empresas e colectivos da cultura, tamén entre os artistas e artesáns que achegan as súas obras e proxectos particulares. Así o recoñecen artistas como Irene Silva, a plástica baionesa cuxa obra agora pode visitarse na feira e Fe González, artesán do Baixo Miño.

Se ben a esperanza de atopar clientes move a moitos artistas a procurar un posto neste encontro en Pontevedra, xa o feito de "estar e participar deste intercambio de ideas e experiencias" paga a pena o asistir, salienta Irene.
"Gústame a xente que ven a esta feira", comenta Fe. Matiza que inda que a procura de vender os seus traballos é o motivo polo que pagou 300 euros polos tres días, o contacto coa xente que vista o Culturgal a enche de forzas. É o segundo ano no que participa, esta vez acompañada doutra artesán de Lugo, coa que decidiron compartir gastos.
Inda que é cedo para facer balances, atopan que sen estar mal as ventas están un "pelín" máis baixas que o ano pasado. Mais pensan que iso vai trocar cando chegue a tarde noite do sábado, cando se rexistra a maior asistencia de visitantes. E así foi.