A Xunta deixa sen libros ao alunado que teña que repetir 2º ou 4º ESO

Imprimir
Roman Garcia Conselleiro de cultura e educacion de Galicia

O Sindicato de Traballadores do Ensino de Galicia (STEG) denuncia que a Consellería de Cultura e Educación deixa sen libros de texto ao alunado que teñan que repetir 2º e 4º de ESO e que non tivera solicitado a súa inclusión no programa do fondo solidario de libros de texto antes do 30 de xuño pese a que os exames de recuperación son en setembro.

“A este alunado, que ate a primeira semana de setembro non tería a certeza de se ía a repetir ou non, non se lle permite agora solicitar a súa inclusión no programa, véndose de facto expulso do mesmo”, critica este sindicato que xa rechazou o pasado xuño as ordes publicadas no día 1 dese mes que regulaban o acceso ao fondo solidario de libros de texto e a convocatoria de axudas para a compra dos mesmos.

“Xa naquel momento criticamos a persistencia na eliminación dun verdadeiro programa de acceso universal a libros de texto e a improvisación continúa coa que actuaba (e continúa a actuar) a administración”, lembra. Por iso, reclama unha “política eficaz” na que o material escolar se refire, que recolla, di “o dereito a un ensino público, gratuito e de calidade en toda a etapa obrigatoria e que garanta a obtención de material didáctico para todo o alumnado matriculado en centros públicos”.

Ademais, pide que se acabe coa política de discriminación do alumnado no ensino público, e se abra unha fase extraordinaria de solicitude de adhesión ao fondo solidario para o alumnado que repite 2º e 4º ESO, “unha medida que non tería custo económico para a Consellería, xa que eses libros xa forman parte do fondo solidario dos propios centros”, conclúe.

 

Do medio colaborador Galicia Confidencial