Domingo, 22 Sep. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Cultura O Octeto Vocal Voces del Más Acá fai escala en #Baiona para un único concerto

O Octeto Vocal Voces del Más Acá fai escala en #Baiona para un único concerto

Correo-e Imprimir PDF
asomate-coro

Posteriormente partirá para participar nas XVI Xornadas Corais de Santoña en Santander.

O Octeto Vocal Voces del Más Acá, convidado por terceira vez consecutiva, ao Festival Internacional Coral de Santoña en Santander, fai unha parada no Val Miñor, onde pasan unas xornadas de ensaios e gravacións, para realizar unha única actuación este venres 14, na terraza do Asómate en Baiona a partir das 22.30 h con entrada de balde.

Tras pasar polo XXIII Ciclo Coral Internacional de Polanco e polo XV Festival Internacional de Ochotes de Portugalete (Bizkaia), o grupo está preparando o que será a súa primeira gravación tras a incorporación de Borja Bermúdez como novo baixo.

Entre os membros de Voces del Más Acá encóntrase a miñorana Aine Veloso, pianista graduada recentemente no Conservatorio Superior de Música de Salamanca, lugar onde nace o grupo con compoñentes de diversas partes de España.

O repertorio inclúe temas de jazz, pop, versións de temas clásicos de The Beatles, Norah Jones ou de Juan Luis Guerra.

Voces del Más Acá