O colaborador de Cuarto Milenio, Antonio Piñeiro, presenta a novela “El trono Maldito”. #Baiona

Imprimir
Antonio-Pinero-Jesus-proclama-feminista MDSVID20140216 0067 7

A Capitanía Marítima de Baiona acollerá a presentación da novela histórica El trono maldito, contextualizada na época de Xesús de Nazaret. A obra, recentemente publicada polos catedráticos José Luis Corral (Historia Medieval, Zaragoza) e Antonio Piñeiro (Filoloxía Clásica, Complutense de Madrid), será presentada por este último o vindeiro xoves 13 de agosto ás 20:30 horas.

El trono maldito constrúe un relato baseado nas investigación destes dous especialistas, o que permite ao lector participar de momentos míticos como o famoso baile de Salomé que custou a cabeza a Juan o Bautista, a entrada triunfal de Xesús en Xerusalén, a expulsión dos mercadores do Templo ou a morte de Tiberio e a proclamación de Calígula como emperador.

Antonio Piñeiro, autor dunha ampla bibliografía na que destacan os seus estudos sobre o cristianismo primitivo, goza do recoñecemento académico en diversas universidades do mundo. Á vez, para a maioría do público, a súa presenza é familiar polas súas colaboracións en diversos medios de comunicacións, especialmente xunto ao xornalista Iker Jiménez en Cuatro , no espazo Cuarto Milenio. Residente en Madrid é nativo de Cádiz e veciño do Val Miñor, especialmente nos verán da vila de Baiona dende hai anos.

A conferencia desenvolverse co título "Un siglo espectacularmente importante: siglo I. d.C. A propósito de El trono maldito", no marco do ciclo Baiona Cultural, que coordina o propio Antonio Piñeiro e patrocina o Concello de Baiona.