Sábado, 6 Jun. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Cultura Bota andar a 6ª edición da Feira Imaxinaria “Fi2015”

Bota andar a 6ª edición da Feira Imaxinaria “Fi2015”

Correo-e Imprimir PDF
casaColorida

As actividades centraranse en Nigrán e Vigo (Valadares).

Abren inscricións para interesados en formar parte da programación e tamén para asistir aos cursos de Xestión Cultural e Comunicación 2.0 que fornecerán o encontro .

Sinalan que esta sexta edición da Fi2015 estará enmarcada no "Coñecemento como eixo artellador do encontro e pensando o seu artellamento entre o popular e o académico".

Convocatorias
Durante o mes de agosto o equipo de produción da Feira Imaxinaria está convocando persoas e grupos interesados en participar na edición 2015. A Feira abrirá desde o día 2 ao 6 de setembro nas sedes dos colectivos Casa Colorida e Alga-Lab, a través de obradoiros,workshop, palestras, debates, presentacións, instalacións e performances, mostras artísticas, etc.

Co título Fi2015, a xuntanza permitirá un espazo de coñecemento, debate e construción en torno a redes analóxicas e dixitais, tecnoloxías colaborativas libres e protocolos abertos "cos que imaxinar e avanzar cara a novas realidades e culturas colectivas", segundo a proposta da organización.

Temáticas
Baixo o concepto de feira tradicional, Fi2015 concentrará colectivos e proxectos relacionados coas economías alternativas, os sistemas de información, as novas territorialidades, as artes interactivas, comunicación 2.0 e outros modelos de institución.

Este evento reivindica unha forma de organización aberta, distribuída e horizontal de xeito que a programación se vai construíndo a través de propostas libres por medio de ferramentas de autoinscripción facilitadas polo equipo de coordinación do Grupo Gz Imaxinaria .

Cursos
Nos días 2 e 3 de Setembro, a Casa Colorida (Nigrán), acollerá os cursos de Xestión Cultural e outro de Comunicación 2.0 con introdución teórica e iniciación nas ferramentas de coordinación e autoxestión baixo a metodoloxía de universidade libre. Quen participe dos cursos, terá a posibilidade de facer as prácticas e integrarse no equipo de produción da Fi2015 que discorrerá os días 3, 4 e 6 no espazo Alga – Lab en Valadares (Vigo).

As prazas dos Cursos son gratuítas mais están limitadas, e as inscricións terán que realizarse antes do día 30 de Agosto ás 12:00h a través da web feira.imaxinaria.org