Gondomar acolle a mostra de pintura de Carmen Tayo, artista e veciña do concello. O acto inaugural tivo lugar no Centro Neural o pasado venres. Espazo onde fica a mostra que pode ser visitada durante todo o mes de agosto nos horarios da mañá e tarde.
Acompañaron á artista veciños e visitantes que achegáronse ao convite. O alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira e a concelleira de Cultura Nuria Lameiro participaron da inauguración. O rexedor agradeceu a Carmen Tayo por amosar o seu traballo no concello e ao público por asistir ao evento.