Toda a axenda coas festas, espectáculos e festivais de agosto en Nigrán “a un clic”.

Imprimir
Espectaculos-ao-aire-libre-na-axenda-de-ocio-e-tempo-libre-de-Nigran
Download this file (Programa_Veran_AGOSTO_2015_Nigran_A3_AF.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Festivais de rock, festas patronais, espectáculos populares e moito deporte nos areais de Nigrá conforman maioritariamente a oferta de ocio e tempo libre do mes de agosto. O programa foi presentado oficialmente este mediodía pola edil de Cultura Ana Pérez.

A responsable aproveitou a presentación das xornadas comercias do sábado na Ramallosa, para presentar a programación cultural de agosto no municipio. Como se fixera no mes de xullo, "optouse por máis de medio cento de actividades de ocio que tocan tódalas parroquias e practicamente non se deixa un día sen programación", salientou Pérez en rolda de prensa.

Engadiu que ademais vai ampliarse de tres a cinco días a semana a actividade de zumba, volverá a haber peque-rutas, competicións deportivas, monologuistas e animación infantil.